Quen no seu corazón...


Quen no seu corazón...


¿Quen no seu corazón non leva un arpa
que saiba das cancións
escoitadas do berce entre os arrolos
e na reixa do Amor?
¿Quen non garda a memoria, triste ou leda,
dun alqo que xa foi?
¿Quen, orfo, sen fogar, abandonado
dos homes e de Dios,
non atopa consolo na lembranza
dun tempo que pasou?
¿Quen non lle fixo cova no seu peito
a unha morta ilusión?
Eu non sei, eu non sei que nos espera
este mundo ó deixar,
nin sei o que está diante, o que ha traernos
o escuro máis alá;
mais para ter, cen anos que morrendo
vivira neste chan,
febres no corpo, brétemas na alma
e loitos que chorar,
para ter as feridas sempre abertas .
¡chega de abondo o que ficou detrás!

(No desterro, 1913)Ramón Cabanillas




Parecíame apropiado e preciso que a miña primeira publicación non fose miña e fose de alguén que coñecemos moi ben nas nosas letras así que estas son as miñas primeiras verbas de quen nos pode representar o gran Ramón Cabanillas.Espero xa animado por alguén que me pegou un pequeno empuxón que isto chegue o mais lexos posible,gracias

Comentarios

Entradas populares de este blog

comentario de "As verbas"

Santiago