Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2012

Santiago

Imagen
Santiago Lugar que me veu andar, lugar que me veu namorar Polas túas calles pasei, pero apenas me parei Foron os mais doces momentos de unha vida con billetes de volta e ida, Con aqueles ollos que me querían, o meu lado moitas noites durmían. Nas túas calles reparei, de moitos recordos que eu deixei. Dende a Alamenda eu reparaba, no edificio que a ti te nomeaba. Cidade que cultivas, que me encheu de cousas positivas. As túas calles empedradas, onde deixei as miñas pinceladas. Viches nacer o meu amor, regáchelo como se fose unha flor. Cantos foron os sentimentos, que agora anhelo eses momentos. Xa voaron as bolboretas, xa non podo oír na miña entrada as trompetas. Sen mais isto sona a despedida, alcanzado por unha bala perdida. Nunca esquecerei o momento, e non visitarte mais e o que lamento. Sen mais,me despido, non encurvado se non erguido. Non nomearte non era intención, pois xa dixen que te levo no coraz

As verbas

As verbas Andaina de andares, comezo de comezos, son os primeiros pasos, lentos e vagoentos, Pero sempre con cabeza erguida,  e sen perder os compases. Poden ser moitos os pensamentos, que unha cabeza non chegue a cadrar, pero nunca amainarnos os sentimentos, e ata onde nos poden levar, sentar a base e un cimentos, que ninguén me poida arrebatar. As palabras fan camiño, aínda que e algo singular, van crecendo como un neniño, ata que non se poden disimular, como paxaro fai o seu niño, e despois as crías alimentar. Non e doado de pulir as pedriñas, que un se pode topar, e versar estas liñas, e os sentimentos espetar, como sol das mañanciñas, o sentirse no seu fogar. Por iso a poesía sae de moi forte, aínda que moitos non o entenden , non e cuestión de sorte, e no tempo son se ven, por iso pensando con sorte, e serán as vivencias do aquel.                         Daniel Falcón Chaves

Quen no seu corazón...

Quen no seu corazón... ¿Quen no seu corazón non leva un arpa que saiba das cancións escoitadas do berce entre os arrolos e na reixa do Amor? ¿Quen non garda a memoria, triste ou leda, dun alqo que xa foi? ¿Quen, orfo, sen fogar, abandonado dos homes e de Dios, non atopa consolo na lembranza dun tempo que pasou? ¿Quen non lle fixo cova no seu peito a unha morta ilusión? Eu non sei, eu non sei que nos espera este mundo ó deixar, nin sei o que está diante, o que ha traernos o escuro máis alá; mais para ter, cen anos que morrendo vivira neste chan, febres no corpo, brétemas na alma e loitos que chorar, para ter as feridas sempre abertas . ¡chega de abondo o que ficou detrás! (No desterro, 1913)Ramón Cabanillas Parecíame apropiado e preciso que a miña primeira publicación non fose miña e fose de alguén que coñecemos moi ben nas nosas letras así que estas son as miñas primeiras verbas de quen nos pode representar o gran Ramón Cabanillas.Espero xa animado por a